HomeCulturaEstefanía Padullés presenta a súa primeira novela na Biblioteca Pública Municipal Camilo...

Estefanía Padullés presenta a súa primeira novela na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria

Trátase do libro "Memoria de sombra e bosque", publicado por Hércules de Edicións, e supón un novo camiño creativo para a ilustradora e escritora catalana afincada en Paradela. A presentación será este venres 6 de marzo ás 20.00 horas,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria acollerá este venres, 6 de marzo, ás 20.00 horas na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar, a presentación do libro Memoria de sombra e bosque, primeira novela da autora Estefanía Padullés e publicada por Hércules de Edicións. A entrada será libre ata completar aforo.

Recoñecida pola súa traxectoria na ilustración e o álbum infantil, Estefanía Padullés (Vilada, 1978), autora afincada en Paradela (Lugo), dá un xiro na súa carreira aventurándose no mundo creativo da novela. Tras anos consolidada como autora de literatura infantil, a escritora abre camiño no eido da narrativa xuvenil e de adultos cunha historia que explora a cara máis crúa da adolescencia. “Memoria de sombra e bosque” é unha fábula baseada en casos reais de mozos internados en centros de menores. A través da figura de Alina, unha orfa de quince anos tutelada nun sistema saturado, Padullés aborda o conflito entre o irracional e o establecido, entre a vida e a morte, nunha etapa vital marcada pola fraxilidade e a intensidade emocional. Lonxe da ficción desvinculada da realidade, Padullés traballou con documentación baseada en casos reais para ofrecer un retrato honesto de mozos sinalados como “os outros”.

O obxectivo, explica a autora, é reivindicar a dignidade dos menores que viven baixo tutela institucional e visibilizar a “sombra voraz” que nace da inseguridade e a falta de afecto.

Padullés é Licenciada en Bioloxía e conta cunha prolífica traxectoria editorial traballada dende que vive en Paradela. É autora de títulos como Leopoldo, o pequeno monstro ou A egua de Breogán, entre outros. Con este salto á novela, busca render homenaxe á lectura como ferramenta para comprender as propias emocións e o mundo que nos rodea.

Na presentación deste venres participarán, xunto á autora, Xosé Lois Gutiérrez Faílde, editor de Alauda Negra; César No Cortiñas, responsable da área de Acción Cultural, Xuventude e Política Lingüística do Concello de Sarria; Ana Isabel Vergara López, responsable da área de Políticas Sociais, Igualdade, Saúde, Emprego e Emprendemento Social; e Miriam Alonso Domínguez, responsable da Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...