HomeCulturaRizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

Con esta iniciativa búscase, como obxectivos principais, ofrecer un espazo de traballo compartido para socias e socios e un entorno vivo para a creación e o desenvolvemento de proxectos colaborativos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das 20 horas a inauguración oficial do seu novo espazo de coworking, situado na Avenida de Galicia número 52, entresollado local 8, en Monforte de Lemos.

O acto servirá tamén como presentación pública da Asociación Cultural Rizoma Lemos, unha entidade que nace coa vocación de impulsar o emprendemento, o traballo en rede e a dinamización cultural na cidade e na zona da Ribeira Sacra.

O novo coworking concíbese non só como un lugar que ofrece espazo de traballo compartido ás súas socias e socios, senón como un lugar vivo para a creación e o desenvolvemento de proxectos colaborativos. Ademais de facilitar un ambiente profesional axeitado, Rizoma Lemos aposta por fomentar o traballo en equipo e por ofrecer actividades formativas dirixidas ás súas socias e socios, reforzando así as capacidades e oportunidades da súa comunidade.

Pola súa banda, a actividade da asociación estará enfocada á promoción de iniciativas culturais vinculadas ao emprendemento e á xeración de redes de colaboración. Entre os seus obxectivos destaca a creación de sinerxías entre empresas da industria cultural, entidades sociais e artistas, promovendo un ecosistema creativo que favoreza novas oportunidades económicas e culturais.

Con esta iniciativa, Rizoma Lemos aspira a converterse nun punto de encontro de referencia para a dinamización cultural e económica de Monforte e da Ribeira Sacra, contribuíndo á consolidación dun tecido creativo forte e interconectado. A inauguración estará aberta ao público ata completar aforo.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...

Protesta cidadá en Monforte pola fonte do Parque dos Condes

A voceira popular, Katy Varela, esixe a José Tomé “recapacitar e deter” estes traballos...