HomesociedadeEste 25 de marzo, "O poder evocador do Courel" no Faladoiro de...

Este 25 de marzo, “O poder evocador do Courel” no Faladoiro de Quiroga

Baixo o lema “O poder evocador do Courel”, este mércores, 25 de marzo, ás 18:00h chega ao Faladoiro do Centro Social de Quiroha, Jesús Alfonso Parada, un investigador e divulgador das tradicións do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Jesús Alfonso Parada é orixinario de Meiraos (Folgoso do Courel), e destaca pola súa dedicación literaria e pictórica. O seu profundo amor polo rural e a historia fai que gran parte da súa obra recolla a etnografía, as tradicións, as lendas e a paisaxe da Serra do Courel.

Cursou estudos de Historia, Traballo Social e Animación Sociocultural, Lecer e Tempo Libre na UNED e dende o 2007, ano no que viu a luz “Usos, costumes e cousas do Courel”, vén publicando asiduamente.

Este apaixonado do rural ten publicados 3 ensaios e preto de 20 poemarios, recibindo varios premios na súa traxectoria dende 2007. Como pintor, ten feito exposicións e salientar tamén  algúns recoñecementos, entre eles algún que lle outorgou a Asociación Fonte do Milagro de Froxán.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá. Moderado polo concelleiro Xosé Manuel Fernández lévase a cabo os derradeiros mércores de cada mes ás 18:00h nas instalacións do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...