HomeCulturaCertame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o 4 de abril en Quiroga

Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o 4 de abril en Quiroga

O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebra o 4 de abril en Quiroga o 'Memorial Muiño', a primeira fase desta décimo sétima edición, na que se renderá tamén homenaxe a Xan de Vilar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento presentouse este martes na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, José Luis Rivera Castro; José Luis Foxo, organizador da cita e director da Real Banda de Ourense, e Xoan Carlos López Vázquez, director da Banda de Gaitas de Chantada. Ademais, contou coa actuación de dous gaiteiros da agrupación Toxo Queimado, de Baleira.

O memorial, que coincide cun dos días da Feira do Viño de Quiroga, reunirá a 12 agrupacións, sete da provincia de Ourense e dúas da Coruña, mentres que a provincia de Lugo estará representada pola bandas de Monterroso e Chantada e por Toxo Queimado. Ás 11:30 horas as agrupacións participantes desfilarán desde a Casa da Cultura ata a Praza de España, onde está previsto que se inicie o campionato media hora despois.

O delegado territorial destacou o compromiso do Certame Celtibérico co folclore galego, “achegando a nosa música tradicional a un público diverso e poñendo en valor o gran traballo das bandas de gaitas, auténticas escolas que manteñen viva a tradición formando novos talentos”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...