HomeCulturaEste 24 de abril desde as 18:15h cita coa literatura infantil na...

Este 24 de abril desde as 18:15h cita coa literatura infantil na Biblioteca de Chantada

Como cada ano a Biblioteca Municipal de Chantada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo organiza o certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2026. Poden participar todas as nenas e nenos de ata 16 anos, tratando tanto nas narracións coma nos debuxos o tema deste ano, “Medrar lendo"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Concello de Chantada desenvolve distintas propostas para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro. Durante esta semana a Biblioteca ten en marcha un sorteo de novelas para adultos. A convocatoria remata este venres ás 14:00h e nela poden participar todas as persoas usuarias adultas que leven neste período un libro en préstamo. A mediados de maio, do 13 ao 16, con motivo das Letras Galegas celebrarase un novo das mesmas características con libros en galego.

Por outra banda, este venres, 24 de abril, o público infantil ten unha cita cos libros na Biblioteca Municipal. Ás 18:15h, Genma Pardo presentará o seu libro infantil, “Oli, el saltamontes aventurero”.

Xa o venres, 8 de maio, ás 18.15, como todos os primeiros venres de mes terá lugar un contacontos con Ana Meilán titulado “Ao meu lado podes ser”. A actividade dirixida a nenos e nenas de 1 a 5 anos celebrarase ás 18:15h

Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2026

Como cada ano a Biblioteca Municipal de Chantada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo organiza o certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2026, que conta con patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Os traballos premiados na fase local pasarán a competir cos seleccionados no resto das bibliotecas da provincia.

Poden participar todas as nenas e nenos de ata 16 anos, tratando tanto nas narracións coma nos debuxos o tema deste ano, “Medrar lendo”. Ao largo da vida, hai momentos que nos cambian: cando aprendemos a ler as nosas primeiras palabras, cando descubrimos un conto que nos fai rir sen parar ou cando atopamos unha historia que parece falarnos directamente ao corazón. A proposta é unha invitación a recordar e contar eses instantes especiais nos que os libros foron os teus compañeiros, axudándoche a entender o mundo, a sentirte acompañado/a e a imaxinar novos camiños. Establécense dúas convocatorias:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto: “Medrar lendo”.

B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto: “Medrar lendo”.  Establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16anos. Cada biblioteca pode presentar un máximo de 3 traballos por cada modalidade e categoría.

As bibliotecas municipais remitirán os traballos seleccionados á Biblioteca Pública de Lugo antes do vindeiro 1 de xuño. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría os 3 mellores traballos. Os autores seleccionados recibirán cadansúa estatuiña de Sargadelos e un lote de libros. O fallo do xurado farase público no mes de xuño.

ÚLTIMAS

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...