HomeCultura‘Os fenómenos’, de Alfonso Zarauza, proxectarase na Pobra do Brollón

‘Os fenómenos’, de Alfonso Zarauza, proxectarase na Pobra do Brollón

O pase será o día 16 na Casa da Cultura Olga Novo, con entrada de balde, aberto ao público e contará coa presenza do director e da concelleira de Cultura do Concello de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Os amantes do cinema en galego teñen este vindeiro sábado na Pobra do Brollón a oportunidade de gozar dunha das películas que triunfou nos Mestre Mateo do ano 2015. Trátase de “Os fenómenos”, producida por Zircozine, S.L. e Maruxiña Film e dirixida por Alfonso Zarauza, que daquela acadou catro premios: mellor longametraxe, mellor guión, mellor dirección e mellor interpretación feminina de reparto.

Os fenómenos é un drama social con toques de humor que trata o esplendor e decadencia do sector da construcción a través dunha personaxe que interpreta Lola Dueñas. A protagonista, fuxindo dun pasado tormentoso que lle deixa o personaxe que interpreta Luis Tosar, vese na obriga de traballar cunha cuadrilla de obreiros aos que alcuman como “Os fenómenos” pola súa capacidade para traballar nas obras.

A actividade, gratuíta e aberta ao público, será o día 16 ás 20:00 h. na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón e forma parte da promoción da 4ª Escolma de Cinema Galego de Sarria que se celebrará nesta vila os días 22 e 23 de febreiro. Despois da proxección haberá un debate co director para o público interesado.

En novembro do pasado ano o Concello da Pobra do Brollón, na súa aposta pola promoción da cultura en galego, puxo en marcha o 1º Ciclo de Cinema Galego. Dado o seu notable éxito, a intención é repetilo este ano. Nesta ocasión trátase dunha colaboración, tal como refire o alcalde, Xosé Lois Maceda, “é unha maneira de empatizar coa Escolma de Cine de Sarria e ir un pouco da man entre dous concellos que apostan por potenciar o cinema en galego. A idea sería que outros concellos se fosen sumando a esta iniciativa e apostar por un cine menos comercial, cun carácter máis documental e feito en galego”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...