HomeCulturaTaboada mellora a Biblioteca Pública e amplía horarios

Taboada mellora a Biblioteca Pública e amplía horarios

O concelleiro de Educación, Alexandre Varela, considera que "con isto respondemos á demanda dun espazo para o estudo, o acceso a internet, a lectura, a celebración de contacontos ou reunións de lectura. Ademais, fíxose cun pequeno acondicionamento, que supuxo investir pouco pero xestionar mellor un espazo que xa tiñamos e que é de gran valor".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir deste luns, 4 de maio, a Biblioteca Pública de Taboada ampliará o seu horario ás tardes, como sala de lectura, en horario de 9:00h a 20:00h -mentres que o servizo de préstamo se mantén ata as 15h. Isto foi posible grazas ao acondicionamento da súa sala principal, que volve funcionar logo de anos cun uso máis limitado.

Ademais, Alexandre Varela anunciou a posta en marcha dun club de lectura (recomendado para público adulto), que servirá para promover a lectura e tamén o uso deste local. Anima a todas as persoas interesadas a pórse en contacto e atender ás redes do Concello para vir á reunión inicial, nas próximas semanas, nunha data que aínda está por determinar.

A Biblioteca atópase na Casa de Cultura, un edificio rehabilitado na década de 1990 que é moi utilizado por diversas asociacións e grupos, así como para impartir cursos ou levar a cabo eventos culturais. Con esta posta a punto da biblioteca, o Concello agarda impulsala como espazo de traballo, socialización e cultura. Ao tempo, o Concello instalou cámaras de vixilancia para controlar os accesos e mellorar a seguridade das instalacións en toda a segunda planta da Casa de Cultura.

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...