HomeCulturaMural de Rosalía de Castro no IES A Pinguela

Mural de Rosalía de Castro no IES A Pinguela

A obra foi realizada pola artista Noelia Aragundi Santiago e loce xa no Salón de Actos do centro de ensino monfortino.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A deputada da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, visitou o pasado xoves o IES A Pinguela de Monforte. Neste centro a muralista Noelia Aragundi traballou varios días na creación dun mural que homenaxea a Rosalía de Castro.

A obra, que loce no Salón de Actos do centro, forma parte das intervencións artísticas que a Vicepresidencia da Deputación vén organizando nos últimos 6 anos en centros educativos e espazos públicos de toda a provincia “para socializar a figura da poeta como figura central da literatura galega e referente cultural e feminista”.

Xunto á deputada provincial estiveron os concelleiros do BNG de Monforte, Emilio Sánchez e Manuel Luaces; a responsable comarcal do BNG Lugo Sur, Rosana Florines; e o director do Centro, Enrique Sampil. Xuntos puideron coñecer o proceso creativo do traballo artístico de Noelia Aragundi.

Iria Castro xunto aos concelleiros do BNG de Monforte, a autora da obra, Noelia Aragundi, e o director do IES A Pinguela, Enrique Sampil. Foto: IES A Pinguela.
Iria Castro falando co director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, e acompañada da autora da obra e concelleiros do BNG. Foto: Vicepresidencia Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...