HomeCulturaRibas de Sil celebra o Día das Letras Galegas cun acto o...

Ribas de Sil celebra o Día das Letras Galegas cun acto o propio 17 de maio

O acto comezará ás 18:00h no Salón de actos da casa do concello e reunirá literatura e música nun encontro aberto á veciñanza, cun protagonismo destacado para a presentación do libro "XXXIII Contos e o último gaiteiro", da autoría do escritor e mestre local, Manuel Cao Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto comezará ás 18:00h coa participación da escritora e profesora de Literatura Galega, Celia Díaz Núñez, que ofrecerá a pílula cultural “A voz e as letras de Begoña Caamaño”, achegando ao público a figura e o legado literario da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

A continuación terá lugar a presentación do libro “XXXIII Contos e o último gaiteiro”, unha obra que afonda na memoria, nas historias populares e na identidade do rural galego desde unha ollada profundamente vinculada á tradición e á terra. O autor, Manuel Cao Rodríguez, será presentado pola poeta quiroguesa Pura Tejelo Núñez, nun encontro que pretende poñer en valor a creación literaria de proximidade e o compromiso coa cultura galega.

A programación completarase coa interpretación do Himno de Galicia a cargo do grupo de música tradicional Foles da Lúa, que posteriormente continuará a celebración polas rúas de San Clodio, contribuíndo a converter a xornada nunha auténtica festa da cultura galega.

Desde o Concello de Ribas de Sil quérese destacar especialmente a relevancia da presentación de “XXXIII Contos e o último gaiteiro” como unha das citas centrais da xornada, tanto polo valor literario da obra como pola traxectoria do seu autor, moi vinculado á vida cultural e educativa do municipio. O Concello anima a toda a veciñanza e visitantes a participar na celebración das nosas letras.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...