HomeCultura'Bolsas Pintor de Castinandi' para participar nun taller fotográfico en Sober

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

É a sexta edición desta convocatoria na que colaboran o concello e o proxecto cultural 'La Plantación'. As bolsas permitiranlle a tres mozos ou mozas participar nun taller de verán de xeito gratuíto co recoñecido fotógrafo Antoine D’Agata

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este verán co obxectivo de impulsar o crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal de tres persoas. Aquelas persoas que se fagan con elas poderán asistir de maneira gratuíta ao Taller de Verán que organiza La Plantación na disciplina de fotografía do 12 ao 17 de xullo co recoñecido fotógrafo Antoine D’Agata.

BOLSAS PINTOR CASTINANDI

Son formacións culturais internacionais destinadas a persoas de ata 40 anos, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural La Plantación. Encontros y Conocimiento, a través de Talleres de Verán. Nesta ocasión cada bolsa ten un valor de 895€.

La Plantación. Encuentros y Conocimiento é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias ao redor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar sobre proxectos e intereses creativos.

Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a tres persoas con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que cumpra con estes requisitos: Idade ata 40 anos, estudantes en activo matriculados actualmente nuns estudos próximos á fotografía, titulados en estudos relacionados coa fotografía e outras persoas relacionada coa arte.

Antoine D’Agata. Foto cedida polo Concello de Sober.
PARA PARTICIPAR

1. Ter ata 40 anos e ter interese en ampliar a formación.

2. Hai que presentar unha Carta de motivación e un dossier.

3. A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 11 de maio de 2026 ás 00:00 horas, ao día 25 de maio de 2026 ás 23:59 horas (hora de España). As datas son improrrogables. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, enviarase un e-mail de confirmación ao participante. Se o recibe, significa que a participación chegou correctamente e que cumpre os requisitos esixidos.

4. Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF con nome e apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.

No cartafol incluír: Carta de motivación (motivo polo cal se solicita a bolsa); Dossier co traballo persoal, que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono; Fotocopia do DNI (por ambas as caras) ou Pasaporte.

5. A persoa gañadora da bolsa, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial, no taller de verán para o que solicita a bolsa. O devandito taller levarase a cabo na “Casa Grande de Rosende” (Sober). O taller inclúe manutención en pensión completa e os desprazamentos ata o lugar onde se desenvolve o taller son a cargo da persoa bolseira.

O día 11 de xullo levarase a cabo a fase de lectura, análise e valoración dos proxectos a cargo dun comité formado por dous representantes, un do Concello de Sober e outro da Plantación. O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa ao longo do día 28 de maio de 2026.

ÚLTIMAS

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

O Concello de Monforte presume de 'Escoba de Platino', un galardón outorgado pola Asociación...

Campo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería e Hospital

O campo de voluntariado está promovido polo Concello do Incio, conta coa colaboración de...

O 30 de maio festa romana en Proendos coa celebración da I Floralia para poñer en valor este xacemento

A celebración toma o nome das antigas 'floralias', as festas romanas dedicadas á exaltación...