HomeCulturaEste 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

A presentación terá lugar este venres, 22 de maio, ás 20:00h dentro do programa “O mes das nosas letras” que promove a área de cultura e dinamización lingüística do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por Avant Editorial e ilustrada polo propio autor para levarnos sobre a dura vida no rural, onde un neno sempre está suxeito a un férreo control e onde tamén debe colaborar nas tarefas cotiás prescindindo dos xogos ou doutras actividades lúdicas. Cando xa é un adulto, e os seus proxenitores morren, debe enfrontar outros inimigos máis silandeiros e menos visibles, e por suposto, inesperados.

Unha viaxe onde os mitos conviven coa realidade dando sentido ás nosas accións. No rural galego onde a peza está ambientada, como no caso da antiga Grecia, os mitos teñen un comportamento moi humano e así atopamos a Raposa da Morgaza, un dos mitos principais e tamén un dos menos estudados na montaña luguesa. A raposa cobra vida e conversa cos protagonistas nalgunha das XX escenas que conforman a obra.

E  cando todo parecía perdido, xorde a solución definitiva, esa que sempre estivo aí malia que; o protagonista principal non sabía como atopala… pois a Aira dos Ventos, ese espazo mítico, case sagrado onde todo se amaña de seu, existe… claro que existe, e se non existe haina que inventar.

Jesús Alfonso Parada é orixinario de Meiraos, no Concello de Folgoso do Courel, e destaca pola súa dedicación literaria e pictórica. O seu profundo amor polo rural e a historia fai que gran parte da súa obra recolla a etnografía, as tradicións, as lendas e a paisaxe da Serra do Courel. Cursou estudos de Historia, Traballo Social e Animación Sociocultural, Lecer e Tempo Libre na UNED e dende o 2007, ano no que viu a luz “Usos, costumes e cousas do Courel”, vén publicando asiduamente.

Jesús Alfonso Parada é, ante todo, un apaixonado do rural. Investigador e divulgador das tradicións do Courel, e da súa aldea, Meiraos, en particular, traballa arreo para preservar todo o patrimonio que temos nas aldeas. Ten publicados 3 ensaios e preto de 20 poemarios, recibindo varios premios na súa traxectoria dende 2007. Con esta nova obra, “A aira dos Ventos”, fai unha incursión no xénero teatral para presentarnos a dura vida no rural e o universo emocional do seu protagonista.

“Summer Begins Quiroga”

A concellería de Xuventude de Quiroga organiza a segunda “Summer Begins Quiroga”, unha festa para a xuventude que naceu o pasado ano coa intención de marcar o remate da época de estudos e comezar o verán.  A data escollida para a segunda edición desta festa é o venres 24 de xullo. A cita terá lugar no parque da Constitución como na anterior edición e proximamente daranse a coñecer os djs participantes.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...