HomeCulturaEste 27 de maio benestar psicolóxico no Faladoiro de Quiroga

Este 27 de maio benestar psicolóxico no Faladoiro de Quiroga

Este mércores, 27 de maio, a biblioteca do Centro Social de Quiroga acolle a celebración dun novo faladoiro baixo o tema “O sentimento de pertenza-comunidade e o benestar psicolóxico”. A cita arrincará ás 18:00 horas e contará como convidado co psicólogo, Ubaldo Vila Anca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ubaldo Vila Anca, natural e veciño de Quiroga, é diplomado en Maxisterio, na especialidade de Educación Infantil, e Licenciado en Psicoloxía, especialidade de Psicoloxía Clínica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é psicólogo no Servizo de Atención Temperá de Quiroga. Falarase dos efectos beneficiosos do sentimento de pertenza-comunidade para o noso benestar psicolóxico e emocional.

Na actualidade a ansiedade, o estrés e a depresión son cada vez máis comúns. Numerosos estudos refiren que un forte sentimento de pertenza-comunidade ten efectos moi beneficiosos no noso benestar psicolóxico e emocional. Durante o Faladoiro falarase desta capacidade de cooperar, colaborar e contribuír ao benestar común, da súa presenza ou ausencia hoxe en día, da capacidade de recuperalo, en caso de perdelo, e de todas aquelas cuestións relacionadas para que cada un dos asistentes poida expresar o seu punto de vista.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, moderado polo concelleiro Xosé Manuel Fernández. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...