HomeCulturaÉxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

Esta edición XXXIII desenvolveuse dende o 7 ao o 19 de maio e contou coa participación dos CEIP A Gándara e Monforte, o Colexio P. Ferroviario e os IES A Pinguela, Río Cabe e Daviña Rey. As representacións tiveron lugar nos seis casos no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ás 20.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27 pola tarde os premios correspondentes ao XXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da Concellería de Cultura.

Tras o visionado dun vídeo resumo das actuacións dos diferentes centros educativos participantes, a Concelleira de Cultura fixo entrega a cada un dos representantes dos centros da gravación da obra representada nun lapis de memoria personalizado co logo do Concello e un diploma acreditativo para cada un dos participantes.

Na súa intervención, Marina Doutón felicitou a todos os participantes, agradeceu a colaboración do persoal educativo e das familias, e puxo en valor a importancia de introducir o teatro en idades temperás: “O teatro é positivo en todos os sentidos, fomenta o traballo en equipo, a amizade, a oratoria… Por iso é un proxecto educativo que dende o Concello queremos potenciar”, indicou.

Participantes e obras representadas nesta edición:

  • CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a guerra”.
  • IES Río Cabe, coa peza titulada “Esmoleiros”.
  • IES A Pinguela, coa obra “A casa”.
  • Colexio P. Ferroviario, que representou “A gatipública”.
  • IES Daviña Rey, coa obra “O velorio”.
  • CEIP Monforte, con “Hoxe hai función”.

Éxito de asistencia e participación

Dende o Concello, destácase que as obras escenificadas resultaron un éxito tanto pola asistencia de público, como pola calidade interpretativa dos escolares e a orixinalidade e detalles dos decorados, para cuxa elaboración resultou fundamental a implicación do alumnado e das familias.

O Certame de Teatro para os Centros de Ensino é un dos certames municipais máis lonxevos, con máis de tres décadas de historia desde que comezou a súa andadura en 1991. O seu obxectivo non é outro que desenvolver as potencialidades artísticas e técnicas do alumnado e das persoas que o orientan, fomentando a convivencia, a tolerancia, a cooperación e a solidariedade. O Concello colabora cos centros educativos participantes, aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros, coa intención de incentivar aos centros a que continúen participando neste certame, xa que supón a posibilidade de ofertar unha actividade complementaria ás habituais dos currículos educativos, altamente valorada polos profesionais do ensino. Así mesmo, o Concello busca a través do certame desenvolver as potencialidades artísticas e técnicas do alumnado e das persoas que o orientan, fomentando a convivencia, a tolerancia, a cooperación e a solidariedade

ÚLTIMAS

32 establecementos comerciais de Chantada participarán na ‘Noite Aberta’

O CCA Ribeira Sacra de Chantada celebrará a "Noite Aberta" o vindeiro sábado, 12...

Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Taboada e Quiroga realizarán obradoiros contra a desinformación

O pasado venres, 5 de xuño, comezou no Salón de Actos do Pazo de...

O PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no rural

Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo...

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...