HomeCulturaManualidades xaponesas na Biblioteca Municipal do Saviñao

Manualidades xaponesas na Biblioteca Municipal do Saviñao

O pasado 29 de maio comezaron uns obradoiros que terán continuidade en dúas sesións máis, os días 5 e 12 de xuño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Saviñao “respira aires xaponeses”, como di a súa bibliotecaria Mónica Carballo. E faino organizando 3 obradoiros de manualidades xaponesas denominados “Furoshiki”, “Kanzashi”, e “Ikebana”.

O “Furoshiki” é unha técnica tradicional que consiste en usar unha tea para envolver, transportar e protexer todo tipo de obxectos. Na actualidade esta técnica está a gañar popularidade por ser unha alternativa sustentable ás bolsas de plástico e ao papel para envolver. Ademais, ten unha longa historia e significado cultural no Xapón e fomenta o valor de reutilizar. Este obradoiro tivo lugar o pasado venres 29 de maio con notable éxito de participación. Segundo explica a bibliotecaria, Mónica Carballo, “pasámolo moi ben e sorprendentemente o que máis gustou foi facer unha mochila con 2 panos”.

Mochila feita no primeiro dos obradoiros de manualidades xaponesas. Foto: Biblioteca Municipal do Saviñao.
OBRADOIROS DE ‘KANZASHI’ E DE ‘IKEBANA’

Nos vindeiros obradoiros, que se desenvolverán os días 5 e 12 de xuño ás 17:00 h, traballarase respectivamente a técnica do ‘Kanzashi’ e o ‘Ikebana’. Na manualidade de ‘Kanzashi’ do vindeiro venres elaboraranse ornamentos tradicionais para o cabelo que se empregan nos peiteados tradicionais xaponeses. As súas orixes remóntanse a cando as mulleres abandoaron o estilo típico ‘taregami’ (cabelo liso e longo) para adoptar o estilo ‘nihongami’ (peiteado máis elaborado).

E xa para o venres 12 de xuño, a técnica a traballar será a de ‘Ikebana’. Consiste en facer arranxos florais combinando a beleza da natureza coa expresión da persoa. Composición de motivos decorativos con flores, pero tamén se empregan polas, follas, froitos e sementes. Ademais do fin estético tamén ten un sentido espiritual pois o feito de que sexan obras efímeras convérteo nun acto de reflexión sobre o paso do tempo.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...