HomeCulturaEste 19 de xuño a Escola Municipal de Música Tradicional de Monforte...

Este 19 de xuño a Escola Municipal de Música Tradicional de Monforte celebra o ‘Festrad’

A Escola de Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte celebra este venres, 19 de xuño, o seu Festival de Fin de Curso, o ‘Festrad’, que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos, ás 20.30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concerto participará o alumnado das actividades de Gaita, Percusión Tradicional Galega e Canto e Pandeireta, interpretando distintos ritmos tradicionais e pezas populares galegas.

O programa está composto das seguintes pezas: Xota de Caroi, Pasodobre da Pastoriza, Mazo te mazo, Baitucada, Xota da Gaiosa, Non bailes o agarrado, Rumba do Canizo, Xota do Bazal, Muiñeira das Cortellas, Xota dos Mariñeiros, Muiñeira da Camposa, Pasodobre do Mallou e a Rumba dos Tranquilos. O festival rematará cunha actuación do alumando de canto, gaita e percusión interpretando a Foliada de Asén e a Muiñeira das Ferreñas.

O ‘Festrad’ está dirixido a todo o público en xeral, polo que, desde o Concello, invítase a todas as familias, veciños e veciñas que así o desexen a asistir este evento musical.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...