HomeCulturaO teatro foro triunfa en Pantón coa estrea de "Lila quere ser...

O teatro foro triunfa en Pantón coa estrea de “Lila quere ser violeta” e a presentación do grupo de teatro local Dío tí

Este xoves pola tarde a Casa da Cultura de Ferreira de Pantón encheuse de xente para asistir á representación de "Lila quere ser violeta (ou a man ten dúas caras)" que puxo en escea o grupo de teatro local interxercional, Dío tí, que se creou este ano a raíz do obradoiro de teatro que se desenvolveu con axuda do Pacto de Estado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas participantes no obradoiro traballaron coa metodoloxía do Teatro Foro e as técnicas do Teatro do Oprimido, unha concepción teatral desenvolvida nos anos 60 e 70 polo dramaturgo brasileiro Augusto Boal e inspirada na pedagoxía de Paulo Freire que sitúa ao educador e ao educando nun plano de igualdade.

O novo grupo de teatro traballou técnicas de improvisación teatral ao tempo que se abordaba a violencia de xénero e estratexias para combatila. O resultado presentábase este xoves pola tarde nunha cita na que a intervención do público era fundamental para o desenvolvemento da obra, “Estamos todos moi contentos co resultado e a participación do público. No teatro foro a intervención do espectador é fundamental, é parte activa da obra. O grupo tiña dúbidas antes da estrea sobre que facer se a xente non participaba, pero foi incrible como todo o mundo quería intervir e dar a súa opinión”, explica o monitor do grupo de teatro, Zósimo Yubero.

Con todo “Lila quere ser violeta (ou a man ten dúas caras)” é unha creación colectiva vinculada a un conflito social, neste caso a desigualdade de xénero. Conta a historia de Lila que tivo desde nena unha contorna social que lle fai identificar un lugar de somentemento na sociedade, e ela aquere ser violeta e saír dese mundo, pero toda a estrutura de opresión cara as mulleres faina caer nunha relación de parella na que volve a ese lugar de sumisión.

Esa relación non igualitaria non é culpa nin responsabilidade de Lila, o sistema non ofrece alternativas e hai que construír colectivamente outra educación, outros modelos de sociedade diferentes. “Lila quere ser unha muller que decida facer coa súa vida o que lle dea a gana”, aclara Zósimo e ao final da obra pregúntaselle ao público que se pode facer para que as mulleres saian dese lugar de somentemento na que as colocou o sistema. “Co teatro foro traballamos outro modelo pedagóxico de escoita e respecto mutuo”, asegura o monitor.

A obra inicial de 20 min de duración con coreografías e momentos oníricos e realistas, é a suma de experiencias das persoas participantes no grupo e do público, estendéndose a súa duración segundo a implicación. A intención é poder xirar con esta peza por outros concellos e non descartan volver a actuar en Pantón co obxectivo de conseguir unha igualdade real e poder cambiar as cousas desde o respecto.

Dío tí, estrea en Pantón / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...

O Incio tamén presenta a súa ‘axenda de lecer’ para o verán

O Concello do Incio vén de anunciar a súa variada programación de actividades para...