HomeCulturaAlumnado de Sober e Monforte homenaxea a Rosalía de Castro con visita...

Alumnado de Sober e Monforte homenaxea a Rosalía de Castro con visita a lavadoiros tradicionais

A cita pretende tamén achegar ao alumnado, as tradicións e o patrimonio cultural galego.

Publicado o

- Advertisement -

O alumnado de 4 e 5 anos de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte e do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober visitan este venres dous lavadoiros de Sober, Eireos e Arroxo, onde os nenos coñecerán o proceso de lavado da roupa e o seu posterior secado.

A iniciativa ten como obxectivo homenaxear a Rosalía de Castro, na data do seu nacemento, o 24 de febreiro, utilizando como base da actividade o poema de Cantares Gallegos:

Vente rapasa,

Vente miniña,

Venta a lavar

No pilón da Fontiña.

O profesorado da Gándara, promotor da iniciativa, explica que cando descubriron o poema moitos dos nenos e nenas descoñecían o que era un lavadoiro tradicional, polo que consideraron interesante amosárllelo e tamén ensinarlles o seu funcionamento. En Monforte apenas quedan este tipo de lavadoiros, porque se lavaba directamente no río e por iso se trasladou a saída escolar a Sober, onde hai numerosos exemplares.

Trala visita aos lavadoiros daranse cita na Praza do Concello de Sober onde tenderán a roupa e celebrarán xantar de confraternidade dos dous centros.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...