HomeCulturaEstefanía Padullés presenta a súa novela en Paradela

Estefanía Padullés presenta a súa novela en Paradela

Trátase de "Memoria de sombra y bosque", a última obra da escritora e ilustradora catalá asentada neste concello da Comarca de Sarria. A presentación, que será o venres 26 de xullo ás 19:00 h no Centro Sociocultural, contará coa presenza da alcaldesa, Montserrat Mulet, e do escritor e xornalista Xulio Xiz.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A escritora e ilustradora Estefanía Padullés, afincada no rural do Concello de Paradela, presentará este venres, 26 de xuño, a súa primeira novela ‘Memoria de sombra y bosque‘. O acto terá lugar ás 19:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López e contará coa contará coa presenza da alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet Sar, e o escritor e xornalista Xulio Xiz Ramil.

Ademais de dar a coñecer a novela ao público que asista á devandita presentación, a autora e os seus acompañantes na mesa aproveitarán o tema da obra para “abrir un espazo de diálogo sobre a saúde mental e a responsabilidade colectiva”.

Dende o Concello de Paradela fan un chamamento a todas as veciñas e veciños e máis persoas interesadas para asistir a este encontro cultural co obxectivo de fomentar a reflexión sobre os retos que atravesa a mocidade actual.

A NOVELA: ‘MEMORIA DE SOMBRA Y BOSQUE’

Editada por Hércules de Ediciones, a novela supón un xiro na traxectoria de Padullés. Tendo acostumado ao seu público ao álbum ilustrado e aos relatos infantís, con esta nova obra adéntrase no xénero da novela. E faino, en palabras da súa editorial, “cunha narrativa cruda que explora a fraxilidade extrema durante a adolescencia”.

O texto nace dun rigoroso proceso de documentación sobre casos reais de mozos tutelados polas institucións. A través deste traballo, a escritora pretende visibilizar a realidade daqueles menores que, ao seren etiquetados como “problemáticos”, quedan á marxe da sociedade. “É unha historia sobre os abandonados e os esquecidos, necesitados dun contorno que lles garanta a supervivencia e un pouco de cariño”, apunta Padullés.

Portada da novela.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...