HomeCulturaA Pobra do Brollón aposta polo cine e o rural galego

A Pobra do Brollón aposta polo cine e o rural galego

No ánimo de seguir divulgando a cultura galega a través do cine, o Concello da Pobra do Brollón, pon en marcha unha nova iniciativa multidisciplinar á que incorpora, tamén, actividades para a reflexión sobre o rural galego.

Publicado o

- Advertisement -

Despois de celebrar en novembro, o I Ciclo de Cinema Galego e de vir de colaborar na promoción da 4º Escolma de Cinema Galego de Sarria, coa proxección, o pasado día 16 de “Os Fenómenos”, o Concello da Pobra do Brollón volve a apostar pola creación audiovisual galega co I Ciclo de Cine e Máis.  Nesta primeira experiencia quérese facer unha reflexión sobre a realidade e o futuro do rural galego, polo que leva por nome:Ciclo de Cine e Máis, rural galego.

Levaranse a cabo 4 proxeccións na casa da cultura “Olga Novo”, co mesmo esquema, presentación do filme ás 20.00, e ás 20.15, proxección da película, para rematar cun debate posterior.

Abrirase o Ciclo o xoves, 7 de marzo, con “Arrianos”de Eloy Enciso; o 14 de marzo proxectarase  “En todas as mans” de Diana Toucedo; o 21 de marzo “Verengo”de Víctor Hugo Seoane e o 28 de marzo “Os días afogados”de César Souto con producción de Iván Patiño.

Xa en abril, o Ciclo completarase con dúas actividades orientadas a reflexionar e profundizar na situación do rural galego. A cita do xoves, 4 de abril, será para coñecer de primeira  man unha experiencia, a de Queixos Airas Moniz. Os promotores desta iniciativa empresarial afondarán no seu proxecto de queixaría moderna, cuxos produtos están a recibir numerosos recoñecementos. O xoves, 11 de abril, e como remate do ciclo, o xeógrafo, Xosé Constenla, ofrecerá a charla “O Colapso territorial en Galiza”, Constenla é autor dun libro co mesmo título. A idea principal da charla e seguila dun amplo e produtivo debate no que afondar nalgúns dos problemas do noso rural, como o despoboamento.

A actividade está aberta a todos os interesados con entrada de balde. Desde o Concello convídase á cidadanía a participar para seguir apostando pola cultura feita en Galicia e reflexionar sobre a realidade do noso rural.

Cartel / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...