HomeCultura1.500 € para quen gañe o II Concurso de Pintura Rápida do...

1.500 € para quen gañe o II Concurso de Pintura Rápida do CC Ponte Vella

A xente interesada deberá inscribirse antes do venres 3 de xullo por correo electrónico ou na web do Centro Comercial Ponte Vella. O concurso desenvolverase o sábado 4 entre as 10:00 e as 15:00 h

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este sábado 4 de xullo, entre as 10.00 e as 15.00 horas, celebrarase a II Edición do Concurso de Pinttura Rápida modalidade e estilo libre e organizado polo Centro Comercial Ponte Vella coa colaboración da Fundación CUM LAUDE.

O certame desenvolverase baixo o título “Desde Ponte Vella e a súa contorna” e a participación é totalmente aberta a calquera persoa sen límites de idade. Así, os interesados deberán inscribirse antes do venres 3 de xullo por correo electrónico ou na web do CC Ponte Vella.

O mesmo día do concurso, o sábado 4 de xullo, entre as 9.30 e as 10.30 da mañá, os participantes deberán acudir ao Centro Comercial (terrazas de hostalería) para a selaxe e numeración dos soportes que deberán estar en branco con cor uniforme e ter unhas dimensións mínimas.

O fallo do xurado coñecerase o mesmo día, ás cinco da tarde e corresponderá a un xurado integrado por persoas vinculadas ao mundo da arte. Haberá dous premios: o primeiro, de 1.500 euros, un segundo premio de 750 euros e 2 accésit de 200 € (un de Fundación Cum Laude e outro de Gadis).

Todas as obras realizadas poderían estar expostas ata as seis da tarde para que o público asistente poida ter acceso á mesmas. As dúas obras gañadoras quedarán en propiedade do Centro Comercial para telas expostas.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...