Dentro do Verán Cultural de Quiroga este venres remata o campus de voleibol Carolina Camino e do 10 ao 12 deste mes celebrarase o Torneo “Dina” de fútbol sala feminino. E o deporte é protagonista tamén do 15 ao 19 co Campus de Fútbol concello de Quiroga, de 10:00 a 13:30 no campo de fútbol.
A Casa da Cultura acolle o xoves, 16 de xullo ás 19:30h o Obradoido Desinformación que organiza a Deputación Provincial e o Colexio de Xornalistas de Galicia e o día 24 celébrase Summer Begins 26, festival de DJ,s que comezará ás 21:00h no parque da Constitución; para rematar as actividades de xullo coa VII Mostra de Pintura RSC, cuxa inauguración e charla presentación terá lugar o mércores 29 ás 19:30h con Antonio Carrera como pintor convidado.
En agosto as actividades comezan coas Festas de Verán, o 6 de agosto haberá Andaina Nocturna Solidaria con saída ás 22:00h da praza Rúa Lago; unha hora depois o Grupo América actuará na rúa Real, onde o día 7 haberá desde as 23:00h Disco Móbil Eme Music, ás 23:00h na rúa Real. O sábado, día 8, comezará con sesión vermú, ás 13:00 na Praza Rúa Lago. Nesa xornada a praza do Auditorio acollera desde as 20:30 sesión de troula animación co “Show de Fifo” e o sábado tamén haberá concertos de De Vacas ás 23:00 e tributo a ABBA ás 00:00.
O 9 de agosto seguirá con música da Banda do Verán e Banda da Balbina e Gin Toni,s, que acturá ás 23:00h na rúa Real, despois da sesión de fogos artificiais que comezará ás 22:30 na praza da España. O día 10 de agosto celebrarase a XXXIV Mostra do Mel, con apertura do recinto ás 11:00 na rúa Real e alborada a cargo do grupo de gaitas O Recanto. Ás 13:00h haberá sesión vermú con Jorge Ferre na praza Rúa Lago e a orquestra Panorama pechará a xornada con concerto ás 23:00 no aparcamento do CEIP de Quiroga.
As propostas culturais de Quiroga celebran unha cita especial para o día da eclipse, o mércores, 12 de agosto ás 22:00h actuará Tonhito de Poi e a súa banda na praza Rúa Lago. O 22 de agosto chega a edición X de Qui-Roma, festa castrexo romana na praza do Auditorio que comezará ás 11:00h. Outra proposta de interese á a celebración o día 27, na Praza de España, de La Oca, Verbena Galega, coa colaboración da Banda de Música O Recanto e do alumnado do CEIP de Quiroga. Agosto pecharase co concerto de piano que terá lugar no Auditorio Municipal con obras de Mahler e Brahms desde as 19:30 do sábado, día 29.
Xa en setembro a casa da cultura de Quiroga acollerá do 1 ao 7, o Campus de Robótica Infantil coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.

Descubrir Quiroga
O programa de de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, da Concellería de Turismo de Quiroga ofrece en xullo actividades novidosas. A primeira destas actividades “Ceos de Quiroga” terá lugar o sábado, 11 de xullo. Trátase dunha saída nocturna pensada para todas as idades e perfecta para compartir en familia. Os participantes guiados por unha persoa experta en astronomía, aprenderán a identificar estrelas, constelacións e planetas visibles no ceo de Quiroga. Durante a actividade explicarase tamén as relacións entre o ceo, as lendas locais e as antigas prácticas agrícolas.
O día 12 volve o roteiro das fervenzas. Unha ruta polas cinco fervenzas concentradas na zona de Outeiro, a Seara e Vieiros. Para o 18 de xullo, outra das novidades do programa deste ano, “Noites de Lenda”. Un novo paseo nocturno guiado por un intérprete que combinará historia, lendas e patrimonio local nun formato dinámico e participativo. Durante o percorrido narraranse lendas tradicionais da zona, como a do Castelos dos Novais e a da Ermida, contextualizándoas dentro da historia e da tradición oral do territorio.
Prográmase tamén unha actividade de piragüismo na contorna de Augas Mestas. Inclúe unha explicación básica de manexo e seguridade e un recorrido en augas tranquilas e seguras acompañados por monitores especializados.
A derradeira cita deste mes de xullo do programa Descubrir Quiroga, levarase a cabo o día 26. Este programa que se realiza en colaboración coa Deputación de Lugo, presenta nesta xornada un novo roteiro co que conta o Concello de Quiroga, o roteiro A Toca. Unha ruta interpretativa para descubrir a historia da siderurxia do ferro nesta zona, que conta con dez paradas en distintos puntos histórico como a Casa da Toca, o Castro de Barreiro ou a Ferrería da Rodela.
Para participar en calquera destas actividades gratuítas xa se poden anotar a través da Oficina de Turismo, no teléfono 982.43.51.25 ou no correo turismo.quiroga@eidolocal.es.

