HomeCulturaA política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no...

A política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor comezaba a semana acollendo o I Encontro de Boas Iniciativas Culturais, unha xornada que reuniu a unha vintena de colectivos culturais da provincia, que compartiron a súa experiencia e inquedanzas a respecto da súa acción cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro enmarcábase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura das Deputacións de Lugo e da Coruña e polo Consello da Cultura Galega. Na inauguración da xornada, a deputada de Cultura Iria Castro, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e o asesor cultural da Deputación da Coruña Xavier Campos expuxeron a súa visión concordante en relación coa política cultural. Nese sentido, destacaron que “a política cultural é máis que programación cultural ou programación de espectáculos, a cultura é unha ferramenta de transformacion social e de fortalecemento da autoestima colectiva e da identidade”

A este respecto, a deputada de Cultura, Iria Castro remarcou a elección do Pazo de Tor como escenario para a xornada, lembrando que “a apertura de Tor como museo e a creación da Rede Museística, que cumpre 20 anos, supuxo unha aposta por descentralizar a cultura, botar raíces no rural e crear comunidade”

O encontro artellouse arredor de catro mesas de traballo con diferentes temáticas. A primeira centrouse na profesionalización cultural, coa exposición de modelos de xestión e proxectos sustentables que xeran valor económico se social como Outonía Cooperativa, Gaita Filmes, a Asociación Ser, a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada ou a Trienal de Sarria.

A segunda mesa centrousee en iniciativas enfocadas na posta en valor da identidade local, a memoria histórica e o legado cultural como Mariña Patrimonio, Fundación Legar, Son d´Aldea, Espazo Caritel ou o programa de divulgación arredor dos xacementos da Pobra do Brollón.

Na terceira mesa, falouse sobre asociacionismo cultural e construción de comunidade a partir da experiencia de colectivos como Xermolos,  a Asociación Aldear, o IESCHA, o Instituto de Estudos Ulloáns, o Seminario de Estudos do Valadouro ou Xotramu.

O encontro incorporou tamén a experiencia da Foliada da Fonsagrada, o Breason, o Castañazo Rock, Fancine de Lemos ou Teatro das Cortes como iniciativas que contribúen a fortalecer o tecido social e crear espazos de participación cultural.

I Encontro de Boas Iniciativas Culturais no Pazo de Tor / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...