HomeCulturaA II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque...

A II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque da Constitución

Esta festa da Xuventude, organizada dende a Concellería de Xuventude desenvolverase o venres 24 de xullo, a partir das 21:00h con DJs de renome, que granten o formato da festa, música sen parar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir marcando o 24 de xullo en vermello nos seus calendarios. O primeiro en actuar no II Summer Begin´s Quiroga desta xornada, será o DJ Sote. Este DJ e produtor galego está especializado en música urbana e underground; o que o levou a actuar nas mellores salas de España e doutros países como Polonia.

Seguiralle o DJ Borja Solla, unha das promesas do panorama urbano latino. Este DJ e produtor orixinario de Pontevedra postúlase como unha futura referencia no seu xénero. Co Reggaeton como principal ingrediente da súa proposta musical, cando tome o mando da cabina ás 22:30 h., a súa enerxía sen límites deixarse sentir entre o público.

A media noite os mandos chegarán ás mans doutro DJ galego, Anxo Silva. Amplamente consolidado dentro da escena da música urbana e latina, a súa sesión centrarase en dúas vertentes moi marcadas da música actual; o Dembow, con ritmos rápidos de orixe caribeña, moi enérxico e enfocado á pista de baile.

Repite nesta Summer Begins, o DJ Dani Daniel. Este recoñecido DJ e locutor de radio valenciano dirixirá a música a partir da unha e media da noite. Dani Daniel é dende hai anos unha figura  destacada da movida nocturna, o tardeo e a música remember valenciana.

Samucapi será o derradeiro DJ da noite. Este DJ galego destacado en eventos no norte de España e gañador de varios concursos locais, pechará esta festa da xuventude co seu enfoque musical que busca a máxima animación e interacción da pista de baile, adaptando os ritmos pegadizos da escena urbana aos grandes festivais, mesturando xéneros enérxicos e bailables como o Reggaetón, a Música Urbana, o Latin Tech ou o Funky Brasileño.      

             

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...