HomeCulturaCarrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

Carrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

O concello e a Asociación Cultural A Coroa organizan unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición este sábado 18 de xullo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Un ano máis, Folgoso honra os xogos tradicionais e convoca aos afeccionados das carrilanas nunha festa enxebre que terá lugar no núcleo urbano da localidade e no fermoso Souto da Carroza.

A diferencia doutros anos, nesta ocasión todo o programa estará concentrado na tarde. Así, a baixada de carrilanas dende o antigo Colexio está programada para as 16:30 h. E a continuación desenvolverase o resto de programa. Para animar á participación, o concello convocou días atrás dúas xornadas dedicadas á elaboración, concretamente os días 27 e 28, no Centro Sociocultural de Fondo da Vila a cargo do experto na materia, Roberto Ferreiro.

Carrilana nunha edición anterior. Foto: Concello Folgoso do Courel
PROGRAMA

16:30 h Baixada de Carrilanas con saída no antigo Colexio e meta na Praza do Fondo da Vila.

18:00 h. Campionato de Xogos Tradicionais no Souto da Carroza. Arrebolamento de sacho, lanzamento de boina, Chave, billarda, corto con tronzón, etc.

Lanzamento de boina. Foto: Concello Folgoso do Courel.

De 17:00 a 21:00 h Demostración de talla de madeira a cargo de Santiago Besteiro. Actividade patrocinada polo Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

20:00 h Entrega de Trofeos.

21:00 h Concerto.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...