HomeCulturaA Biblioteca Pública do Saviñao dá a coñecer a faceta máis artística...

A Biblioteca Pública do Saviñao dá a coñecer a faceta máis artística do entrañable ‘Pepiño’

Do 5 ao 31 de agosto está programada unha exposición pictórica que, en palabras de Mónica Carballo, a bibliotecaria, "promete sorprender e emocionar".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal de Escairón dará a coñecer a obra dun dos seus veciños máis queridos, Pepiño. Farao a través dunha exposición pictórica única inspirada en diferentes estilos que amosan o valor que lle dá o autor á súa afección pola pintura. A mostra do entrañable veciño de Escairón inaugurarase o día 5 e permanecerá aberta durante todo o mes de agosto.

“Trátase dun dos veciños máis entrañables e queridos da localidade. Porén, a gran maioría da veciñanza descoñece por completo unha das súas grandes paixóns: a súa afección pola pintura”, comenta a bibliotecaria Mónica Carballo. A exposición pictórica homónima “promete sorprender e emocionar a quen queira coñecer o traballo artístico de Pepiño”, di tamén a responsable da Biblioteca Municipal.

A exposición terá lugar na sala de exposicións da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, ubicada no baixo do edificio, e poderá visitarse do 5 ó 31 de agosto, en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...