HomeCulturaA experiencia dun profesor de español polo mundo este 20 de agosto...

A experiencia dun profesor de español polo mundo este 20 de agosto nas Conversas de Verán de Ribas de Sil

Roberto Vila protagoniza a segunda cita da serie "Historias de vida", unha iniciativa que pretende achegar ao público as traxectorias de persoas vinculadas ás terras do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Ribas de Sil continúa este xoves, 20 de agosto, coa programación das Conversas de Verán, que se desenvolven na Aula de Pesca de San Clodio ás 21:00h. O protagonista nado no Nocedo é doutor en Xeografía e desde hai anos traballa como profesor de español para estranxeiros, unha profesión que lle permitiu residir e exercer a docencia en países e contextos culturais moi diferentes. Ao longo da súa carreira pasou por Rusia, Andorra e Marrocos e actualmente traballa como docente na Dubai International Academy, nos Emiratos Árabes Unidos.

A súa experiencia internacional presenta, ademais, unha particularidade que centrará unha parte importante da conversa: a proximidade con algúns dos grandes conflitos que marcaron a actualidade internacional dos últimos anos. A súa etapa en Rusia coincidiu cun período especialmente complexo na rexión pola invasión rusa de Ucraína e, máis recentemente, desde Dubai viviu de preto a escalada bélica entre Israel e Irán e a crise no Golfo Pérsico.

Ademais de coñecer unha interesante traxectoria profesional, a cita permitará reflexionar sobre como se viven desde dentro realidades internacionais que habitualmente percibimos desde a distancia. Ao mesmo tempo, “Historias de vida” mantén un dos seus principais obxectivos: recuperar as conexións entre as Montañas do Courel e aquelas persoas que, partindo destas terras, desenvolveron as súas vidas en diferentes lugares do mundo.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...