HomeCulturaComeza Vendaval, a Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra

Comeza Vendaval, a Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra

Farao este martes 25 de agosto ás 22:00 horas na Palleira de Manán, no Concello de Sarria, e coa proxección de catro curtametraxes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comeza a terceira edición do Vendaval, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra que se desenvolve do 25 ao 30 de agosto con programación en diferentes espazos da comarca (Sarria, Bóveda, Sober e O Saviñao). Proxeccións, encontros con cineastas, coloquios, formación, concertos e sesións DJ conforman unha proposta que ten como obxectivo levar o cinema a novos espazos e favorecer o encontro. Todas as actividades son de balde.

Nesta xornada inaugural do martes 25 de agosto o foco estará nos efectos da xentrificación e as dinámicas urbanas contemporáneas a través de catro curtametraxes:

Bad for a moment (Daniel Soares, 2024): Unha ficción onde o equipo dun estudio de arquitectura se confronta coa realidade social dun barrio en pleno proceso de xentrificación. A proxección contará coa presenza da actriz Ana Vilaça.

STOP – Salas de ensaio para um materialismo histórico (Jorge Quintela, 2025): Ensaio documental sobre a transformación do histórico Centro Comercial Stop do Porto dende a crítica materialista. Contará coa presenza do seu director, Jorge Quintela.

  • Maio (Claudio Carbone, 2025): Un íntimo relato da presión institucional e a precariedade que viven as persoas residentes do barrio autoconstruído 6 de Maio en Lisboa.Cães que ladram aos pássaros (Leonor Teles, 2019): Acompaña a Vicente nun Porto transformado polo turismo e a especulación durante as súas vacacións escolares.

O programa completo de actividades pódese consultar na páxina web do evento.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...