HomeCulturaO cine “made in” Monforte triunfa nos Premios Mestre Mateo

O cine “made in” Monforte triunfa nos Premios Mestre Mateo

'La sombra de la ley' de Dani de la Torre recibe 10 galardóns e 'Idénticas' producido por Amanita Films gaña o mellor documental.

Publicado o

- Advertisement -

A gran triunfadora da 17 edición dos premios que organiza a Academia Galega do Audiovisual foi a película dirixida polo monfortino Dani de la Torre. Das 15 nominacións ás que optaba, La sombra de la ley fíxose con 10.

O filme, producido por Vaca Films Studio, Atresmedia Cine, La Ley del Plomo AIE e Playtime Production Sarl, gañou o premio á Mellor Longametraxe e Dani de la Torre, o premio á Mellor Dirección. O director monfortino, que xa gañara na edición 2014 como Mellor Director por El Desconocido, enviou unha emotiva mensaxe escusando a súa ausencia na gala, tralo falecemento da súa nai esta semana.

Dani de la Torre coa súa nai. Foto: Manuel Valcárcel

La sombra de la ley recibiu, ademais, os siguientes premios, Mellor Dirección de Arte de Juan Pedro de Gaspar, Mellor Dirección de Produción de María Liaño, Luis Tosar como Mellor Interpretación Protagonista Masculina, Raquel Fidalgo e Noé Montes como Mellor Perruquería e Maquillaxe. A Mellor Montaxe foi para Jorge Coira, a Mellor Música Orixinal para Manu Riveiro e Xavi Font, Mellor Son para David Machado, James Muñoz e José Antonio Manovel e Clara Bilbao como Mellor Vestiario.

A segunda triunfadora da noite foi Trote con 5 galardóns; Mellor Dirección de Fotografía para Lucía C. Pan, Mellor Guión para Xacio Baño e Diego Ameixeiras, Mellor Interpretación Feminina de Reparto para Melania Cruz, Mellor Interpretación Masculina de Reparto para Federico Pérez e Mellor Interpretación Feminina Protagonista para María Vázquez.

Dani de la Torre repetía como Mellor Director e Amanita Films, do monfortino Iván Patiño, repetía na categoría de Mellor Documental, neste caso con Idénticas de Luis Avilés. No 2016 obtiña o mesmo galardón por, Os Días Afogados.

Equipo de Idénticas / Amanita Films

O resto de premios foron para a serie web Dinosaurios, de Carballo Interplay Producións; a Curtametraxe, A nena azul de Sandra Sánchez; a Curta de Animación Soy una tumba; o anuncio Ti e o videoclip Ahora o nunca (Pegatina feat Macaco) de Manu Viqueira. O sabor das margaridas obtivo o premio á Mellor Serie de Televisión; Buscadores de naufraxios o de Mellor Programa de Televisión; Rodrigo Vázquez fíxose co premio ao Mellor Comunicador en Ti verás!.

Este ano había dous novos premios, o Premio de Honra Fernando Rey, que foi para a actriz e dobladora Mela Casal e o Premio Especial José Sellier, que recaeu na Federación de Cineclubes de Galicia.

Esta XVII edición dos Premios Mestre Mateo recibiran máis de 400 candidaturas de 25 categorías.

ÚLTIMAS

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...

A Real Sociedade Española de Historia Natural visita o Xeoparque Montañas do Courel do 14 ao 16 de marzo

Entre os días 14 e 16 de marzo de 2025, unha representación da Real...