HomeCulturaRuta pola Quiroga literaria de Ánxel Fole e Uxío Novoneyra

Ruta pola Quiroga literaria de Ánxel Fole e Uxío Novoneyra

Está organizada pola Fundación Uxío Novoneyra e terá lugar o sábado 19 de setembro con saída da Casa da Veiguiña dos Quiroga Ballesteros ás 11:00 horas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar o sábado 19 de setembro nun percorrido literario e paisaxístico con dúas figuras senlleiras da literatura galega como protagonistas: Fole e Novoneyra. A ruta reunirá referencias do patrimonio arquitectónico de Quiroga como a Igrexa da Ermida e lugares con casas estreitamente relacionadas coa figura de Ánxel Fole como a Casa da Veiguiña dos Quiroga Ballesteros onde o escritor lugués pasou o exilio interior despois da Guerra Civil.

A saída farase dende a Casa da Veiguiña ás 11:00 h. lugar onde os participantes comezarán unha andaina lineal dunha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos. Ao remate haberá traslado dos participantes do punto final ao punto de partida. Marcos Reinoso, Branca Novononeyra e Nieves Neira Roca encargaranse do acompañamento guiado.

Despois de deixar a Veiguiña a xente participante camiñará ata a Lamela, a Casa da Ribeira de Abaixo con vistas á Ermida. Despois, e xa como fin do percorrido, rematarase no Remansiño en Quiroga, restaurante onde se celebraba a tertulia literaria da zona na que participaron os dous autores.

“Durante a mañá camiñaremos polos carreiros que transitaron Fole e Novoneyra, ao tempo que tentamos comprender e interpretar a evolución da paisaxe nestas décadas”, comentan dende a organización.

As inscricións pódense facer a través da ligazón do perfil de Instagram da propia Fundación Uxío Novoneyra (bit.ly/novoneyra) ou escaneando o código QR que vai no cartel anunciador da actividade.

Esta actividade do ‘Territorio Novoneyra’ conta co apoio do proxecto Territorio Cultura, programa en colaboración do Ministerio de Cultura coa Xunta de Galicia a través da Agadic –Axencia Galega das Industrias Culturais–, e das Axudas para Proxectos de Cooperación Cultural no Medio Rural 2026 do Ministerio de Cultura.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...