HomeCulturaExposición de fotografía e saída ao teatro en Chantada

Exposición de fotografía e saída ao teatro en Chantada

O Concello de Chantada organiza unha mostra de fotos sobre o Mosteiro de Oseira na Casa da Cultura e convida a subirse ao autobús para asistir ao Salón Teatro de Santiago de Compostela a principios de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 30 deste mes de setembro unha exposición de fotografía sobre o Mosteiro de Oseira. A mostra ofrece a particular mirada que ofrecen sobre o mosteiro, 18 autores da Asociación Fotográfica O Potiños.

Tamén na Casa da Cultura de Chantada pódense inscribir durante este mes as persoas interesadas en asistir a unha nova representación do Centro Dramático Galego. O 3 de outubro ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela represéntase a obra A gaivota. Ensaio aberto.

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, Subes ao autobús do teatro?, habilita un autobús desde Chantada que sairá da Praza de Galicia ás 15:10h e fai unha redución no prezo da entrada, podendo asistir por 5€. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición antes do 30 de setembro, debendo acudir á Casa da Cultura de Chantada ou chamando aoteléfono 982 441 752.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...