HomeCulturaAberta a matrícula para as escolas de música da Pobra do Brollón...

Aberta a matrícula para as escolas de música da Pobra do Brollón e Sober

Estes dous concellos da Comarca de Lemos contemplan unha ampla oferta educativa a través das súas escolas de música municipais. Coñecemos esa oferta e a información necesaria para a matriculación e inicio do curso 2026-2027.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Escola Municipal de Música de Sober abre a matrícula para o curso 2026-2027 cunha ampla oferta educativa e preparación para as probas de acceso ao conservatorio.

Na devandita escola poderase facer: Música e movemento (a partir de 3 anos), linguaxe musical, grupos instrumentais, banda ou coro infantil, coro berea e combo instrumental. No que respecta a instrumentos, ofrécese formación para os seguintes: frauta traveseira, clarinete, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión e piano.

Ás clases serán no Centro Sociocultural de Sober e para obter máis información recoméndase contactar nos teléfonos 982 460 513 e 617 551 299.

A POBRA DO BROLLÓN

En outubro comezará o novo curso da Escola Municipal de Música Samoeiro do Concello da Pobra do Brollón. O prazo de matrícula abriuse este mércores 16 e alongarase ata o 29 de setembro, podendo inscribirse a través da sede electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal de 10:30 a 13:00 h (Tel. 982 430546). O prezo por curso completo dunha materia son 110 € ao ano, e de incorporar máis materias 60 € adicionais por cada unha.

Ademais, este ano haberá dúas xornadas de portas abertas da clase de iniciación á música tradicional (gaita e percursión), impartidas por Álvaro Candal e dirixidas a nenos e nenas de 8 a 16 anos para que poidan probar sen compromiso. Faranse os xoves 1 e 8 de outubro de 18:00 a 19:00 h.

O comezo do curso será o 1 de outubro, agás os cursos de canto e pandeireta así como tamén baile tradicional, que comezarán o día 19 de outubro.

PROFESORES E HORARIOS

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...