HomeCulturaRebuldeira Teatro estrea 'A desconfianza' en Sarria

Rebuldeira Teatro estrea ‘A desconfianza’ en Sarria

Será o domingo 20 de setembro no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 20:00 horas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A desconfianza, nova produción de Rebuldeira Teatro, preséntase ao público este domingo na Casa da Cultura de Sarria sendo ademais o espectáculo que abrirá a programación adulta da V Mostra de Teatro Iván Tourón Morais.

A desconfianza está formada por catro pezas breves conectadas por un mesmo fío condutor, con textos de Rubén Pérez Pombo e Avelino González. Catro historias que parten de situacións diferentes pero que dialogan entre si arredor dun elemento común: a desconfianza.

OUTRAS PROPOSTAS NA AXENDA DA PROGRAMACIÓN ADULTA DA MOSTRA

A vindeira proposta será o 27 de setembro, Juana I de Castilla, de Teatro Camino Escena Norte, e o 4 de outubro poderase ver Abra da Cabra, de Lila Teatro.

A programación continuará o 11 de outubro con O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e seguirá a seguinte semana con As alumnas, de Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega, o 18 de outubro.

A programación completa, financiada polo Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, pódese ver na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...