HomeCulturaExitosa presentación da curta 'Cara de cona' en Sober

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A obra audiovisual do director vigués Guillermo Oliveira foi gravada nos concellos de Sober e Pantón e presentábase este pasado sábado 19 de setembro na Casa da Cultura soberina. A proxección aberta ao público tivo moi boa acollida.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A curtametraxe ‘Cara de cona’, con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos que está participando, recalou en Sober onde a veciñanza puido gozar dunha proxección na Casa da Cultura o pasado sábado, dentro do programa das Festas do Carme.

Éxito de público tendo en conta ademais que acudiu moita xente de Sober e de Pantón, concellos nos que se gravou. Moitos dos presentes participaron tanto como extras como permitindo e facilitando a gravación de escenas nas súas propiedades, co cal para eles foi unha satisfacción engadida. O director, Guillermo Oliveira, trasladou na presentación inicial á proxección o seu agradecemento a todos e todas por esa xenerosidade.

Cara de Cona é unha comedia negra de 17 minutos producida por Zapruder Pictures e distribuída por Madrid en Corto, cun elenco integrado por Milo Taboada, Diego Anido, Nancho Novo e Cristina Andrade. A trama aborda cun ton irónico a obsesión de Moncho polo seu novo veciño e o plan que elabora para acabar coa súa vida.

No que respecta ao seu percorrido de participación en festivais e recoñecementos, esta obra audiovisual entrará na carreira cara os Goya tras gañar o X Premio de Curtametraxes de Cartagena Negra.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...