HomeCulturaEste venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do "cineclube Ateneo"...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Tras o éxito do seu primeiro ano, O Cineclub do Ateneo Casino de Monforte retoma a súa actividade coa proxección ás 20:15 do documental e coloquio de “O banco que se creou sen diñeiro” da Cooperativa Fiare.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do xestor cutural monfortino, Maro Carretero, volverá contar ca colaboración un ano máis do Festival de Cine Fantástico e de Terror (Fancine de Lemos) e o Colectivo Nordés.

Esta nova edición contará con algúns cambios, desde unha pequena modificación dos horarios das proxeccións para facilitar a asistencia dos traballadores, cambios na programación e a incorporación de novos colaboradores.

A organización lembra o carácter comunitario co que naceu esta actividade cultural, que pretende poñer en valor a visualización compartida de cine en sala, retomando e reforzando a idea de cine como un acto para encontro e o debate entre os espectadores. “Sempre tivemos moi claro a importancia de experiencias previas, como o referente do Cineclube A Calexa, polo que incluimos no nome do proxecto a forma coloquial Cineclube, vinculandoo directamente á palabra Ateneo, palabra que define moi ben a intención firme por xerar un espazo vivo para o ecnontro intelectual e artítistico da cidadanía local”, explican.

Nesta edición contarase coa participación de persoas cinéfilas, abrindo tamén a selección da programación a outras persoas e colectivos que conciben o audiovisual como unha ferramenta útil na procura de fomentar o diálogo e actitude crítica. Mantense a iniciativa de realizar cine-fórums, coma a proxección deste vindeiro venres, que contará ca participación de varios socios
da cooperativa de Banca Ética Fiare, que achegarán aos asistentes a súa experiencia nesta entidade con carácter social.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...