“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado ao programa Ler Conta Moito, impulsado pola Xunta de Galicia e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Esta narración oral que comezará ás 10:50 na Casa da Cultura, fará un percorrido pola historia de persoeiros galegos que fixeron descubrimentos e achados asombrosos. Achegando a ciencia, a curiosidade e a lectura aos nenos e ao público xeral dun xeito lúdico e entretido.


