HomeCulturaCinema e teatro na Pobra do Brollón e en Monforte

Cinema e teatro na Pobra do Brollón e en Monforte

Este xoves 14 de marzo ofrécenos unha interesante oferta cultural no Concello da Pobra do Brollón e no Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón proxectarase este xoves o documental de Diana Toucedo, “En todas as mans”. Será ás 20:15 h. tras unha breve presentación que comezará ás 20:00 h.

O traballo audiovisual, de corte documental, parte dunha coprodución Hispano-Portuguesa e versa sobre os montes veciñais en man común, un patrimonio galego que durante centos de anos foi configurando as relación humanas, entre veciños pero tamén entre os veciños e a natureza.

En todas as mans, un traballo cinematográfico do ano 2015, achégase a varias comunidades buscando historias personais que movilizan e crean proxectos ao marxe da norma, cunha repercusión social, política, económica, medioambiental e cultural sen comparación en Galicia.

Esta actividade está enmarcada dentro do I Ciclo de Cine e máis que organiza o concello.

Cartel do documental “En todas as mans”.

Por outra banda, o Concello de Monforte de Lemos convida ao teatro nunha das citas habituais de moitos xoves no Edificio Multiusos, e dentro da Rede Galega de Teatros que subvenciona o Agadic.

A proposta para este xoves ás 20:15 h. é a obra de teatro “30 e tantos ósos” a cargo da compañía Aporía Escénica.  Trátase dunha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba. E todo para chegar aos seus ósos, á materia máis elemental onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.

Dada a temática desta peza teatral, enmarcouse dentro das actividades que o Centro de Información á Muller (CIM) organiza este mes arredor do 8M. O prezo da entrada xeral é de 5 euros, os desempregados, estudantes e xubilados pagarán 3.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...