HomeCulturaKevin Johansen, Marem Ladson e Enric Montefusco no Festival 17º Ribeira Sacra

Kevin Johansen, Marem Ladson e Enric Montefusco no Festival 17º Ribeira Sacra

A programación inclúe concertos no Parador de Monforte, no Miradoiro de Santiorxo, na Praza de España de Chantada, no Catamarán de Doade, nas Adegas Regina Viarium, Vía Romana e Algueira, e na Reitoral de Gundivós.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival 17º Ribeira Sacra terá lugar do 18 ao 21 de xullo en espazos e lugares emblemáticos de Monforte de Lemos, Chantada, Sober. A Deputación fai unha achega de 25.000 euros o que a converte na principal administración colaboradora, “por tratarse dunha oportunidade única para impulsar o turismo, xerar emprego e crear riqueza, non só no sur da provincia, senón en toda a provincia”. O Concello de Monforte de Lemos achega de 5.000 euros. Tamén colaboran o resto de municipios onde se celebra o festival, así como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, AGADIC e Galicia Calidade.

O17º Ribeira Sacra mestura a música de artistas internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola e gastronómica dos establecementos da zona. Agárdase que reúna a preto de 4.000 persoas, xerando un volume de negocio duns 400.000 euros ao tempo que xerará uns 70 postos de traballo, directo e indirecto. Tal e como aconteceu na edición anterior, agárdase acadar o 100% da ocupación hoteleira na zona.

Cartel variado e para todo tipo de públicos

O director do Festival, Carlos Montilla subliñou que “é un cartel moi variado, dirixido a todo tipo de públicos e gustos, sobre todo para as familias”. O arxentino, Kevin Johansen, é un dos artistas máis interesantes da música latinoamericana nas últimas décadas. De nai arxentina e pai norteamericano, Johansen viviu nos dous extremos do continente americano e a súa música nútrese de influencias de ambas as partes. Pop, rock, canción popular latinoamericana e cumbia mestúranse nas composicións dun artista que leva a mestura cultural á súa máxima expresión.

Kevin Johansen / Festival 17º

Enric Montefusco foi un dos fundadores e líder da banda barcelonesa Standstill en 1997 e desde a súa desaparición en 2015 xa gravou dous discos en solitario. A súa traxectoria musical caracterízase polo risco e na súa nova etapa en solitario afastouse dos estándares do indie para apostar por un achegamento aos ritmos máis populares.

Enric Montefusco / Festival 17º

A mestura cultural tamén está moi presente en Marem Ladson, artista nada en Ourense, no 2017 dá un paso importante na súa carreira ao gañar o concurso de bandas emerxentes do festival DCode. No 2018 presentou o seu disco de debut homónimo, cheo de cancións pop coloridas con influencias do folk, e xa houbo ocasión de vela no Festival 17º Ribeira Sacra dese ano cando realizou unha actuación sorpresa para un público moi reducido a bordo do catamarán.

Marem Ladson / Festival 17º

Os interesados en mercar as entradas dos diferentes paquetes por días que se ofrecen para o evento poden facelo a través da web www.festivalribeirasacra.com.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...