HomeDeportesO luns día 4 abre o prazo para inscribrirse nas actividades deportivas...

O luns día 4 abre o prazo para inscribrirse nas actividades deportivas de verán de Monforte

Un ano máis o Concello de Monforte abre o prazo de solicitude de actividades deportivas durante os meses estivais co fin de facilitarse ás familias a conciliación laboral

Publicado o

- Advertisement -

O Programa Deportivo de Verán 2018 do Concello abre o seu prazo de inscrición o luns día 4 de xuño e contará cun gran número de actividades durante os meses de xullo e agosto. Na súa elaboración participan os Clubs e Entidades Deportivas que colaboran co Sistema Deportivo Local.

As actividades ofertadas para este curso son,

  • Campamento Deportivo de Verán durante o mes de xullo, distribuído en 2 quincenas.
  • IX Depor Campus-Monforte, do 23 ó 27 de xullo.
  • XII Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C. Celta de Vigo, do 6 ó 10 de agosto.
  • Tornei de Volei Praia Club Korbis-Club Fluvial os días 27,28 e 29 de xullo.
  • Campus de Volei Praia Club Korbis-Club Fluvial, do 3 ó 10 de agosto.
  • Campus de Ximnasia Rítmica, do 6 ó 10 de agosto.
  • V Campus de Voleibol Ribeira Sacra Monforte, do 20 ó 24 de agosto.
  • VII Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, do 27 ó 31 de agosto.
  • Cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto.
  • Actividades dirixidas e cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Para formalizar a inscrición, os interesasdos deben facelo nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, sita nas Casitas da Compañía.

Para consultar as normas de inscrición e o díptico informativo, pódese facer na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...