HomeDeportes366 persoas participarán en Sarria da 22 edición dos Xogos Autonómicos de...

366 persoas participarán en Sarria da 22 edición dos Xogos Autonómicos de Special Olympics

Os 239 deportistas pertencen a 17 asociacións de toda Galicia, que estarán acompañados por 52 adestradores. O CAPD SARRIA, que exercerá de anfitrión, participará cun total de 22 deportistas e 10 adestradores.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación Special Olympics Galicia traballa para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e do ocio. O Goberno provincial colabora con esta asociación fomentando actuacións que redunden na mellora da calidade de vida deste colectivo.

Esta nova edición dos Xogos Autonómicos celebrarase o sábado, 4 de maio, no Pavillón Novo de Sarria. A inauguración oficial dos Xogos será ás 10.45 horas, coa presenza de representantes do Concello de Sarria e de integrantes da Xunta Directiva do CAPD SARRIA, da Xunta Directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de Special Olympics Galicia. Ás 12:00 da mañá comezarán as probas, que terán lugar durante todo o día, ata ás 19:00 h. da tarde.

Ámbalas dúas modalidades, campo a través e petanca, contarán coa celebración de probas unificadas, un programa que combina atletas con discapacidade intelectual con atletas sen discapacidade en deportes de equipo. O Deporte Unificado é o maior exemplo para fomentar a inclusión dos atletas a través do deporte, pois a participación de deportistas con e sen discapacidade é a mellor mostra das posibilidades que ofrece o deporte como ferramenta de integración social.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...