InicioDeportesArrancan os Xogos do Eixo Atlántico con participación monfortina en 5 modalidades

Arrancan os Xogos do Eixo Atlántico con participación monfortina en 5 modalidades

Este evento deportivo reúne a máis de 1500 deportistas de Galicia e o norte de Portugal, co obxectivo de fomentar o coñecemento entre os cidadáns destas áreas.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado domingo día 7 partiu dende a Compañía a representación monfortina nos XII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran na cidade portuguesa de Braga. Trátase dunha delegación formada por 62 persoas entre atletas, técnicos e delegados. Os Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran bianualmente dende o ano 1995, están dirixido á promoción do deporte e a lograr un mellor coñecemento entre os cidadáns da rexión norte de Portugal e Galicia.

O luns día 8 comezarán as modalidades deportivas de equipo, nas que Monforte ten representación en fútbol 7 e voleibol. As modalidades individuais, pola súa banda, iniciaranse o martes día 9 e haberá participación monfortina en atletismo pista, atletismo en ruta e natación. Outros deportes nos que non haberá delegación de Monforte son balonmán, baloncesto e tenis.

A ceremonia de apertura dos xogos celebrarase o luns día 8 a partir das 16:30 (hora portuguesa) e contará coa presencia do Alcalde José Tomé e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán. Os participantes recorrerán nun desfile a cidade de Braga dende a Praza da República ata a Praza do Municipio; e o seu percorrido estará animado polos Romanos de Braga, os Grupo de Gaitas da Deputación de Lugo, os Caretos de Bragança, o Grupo de Bombos Equipa Espiral de Braga e os Xigantóns e Cabezudos de Viana.

ÚLTIMAS

Este día 9, Cantos de Taberna na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa

O evento comezará ás seis da tarde e rematará o circuíto ás once da...

Ata o 12 de decembro pódense solicitar prazas na Ludoteca de Nadal de Sarria

“Sarria Concilia 2023-24” ten prazo aberto de inscrición ata o 12 de decembro....

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao...

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...