HomeDeportesO 'running nocturno' triunfa nas montañas de Quiroga

O ‘running nocturno’ triunfa nas montañas de Quiroga

Éxito de participación e de organización na Night Trail de Quiroga, carreira que tivo lugar este pasado sábado.

Publicado o

- Advertisement -

Éxito total na cuarta edición da Night Trail Quiroga, unha carreira e andaina nocturna que este ano contaba con dúas distancias: 9 quilómetros -andaina e trail- e 18 -só trail-.

A edición deste ano participaron arredor de 305 persoas e novamente houbo unha importante participación local, un dos obxectivos que perseguían dende a organización.

A saída desta proba tivo lugar ás 22:30h dende a Praza de España e os participantes foron chegando ao longo da noite. Antes da saída, houbo unha sesión de zumba-fitness e na chegada os participantes tiñan comida para repoñer forzas.

O 80% do traxecto transcorreu por pistas e carreiros, evitando na medida do posible o asfalto, un percorrido que fixo que os participantes puidesen gozar dunha espectacular estampa nocturna do val de Quiroga nunha noite de temperaturas moi agradables.

No trail de 18 quilómetros o primeiro en pasar pola liña de meta foi o participante no campo de traballo internacional, Juan Estevan Paredes, que completou o recorrido nun tempo 1h 8′ 33″, o segundo clasificado foi Emilio Gonzalez e o terceiro foi Juan Domínguez. Na clasificación feminina, a primeira foi Ludy Quintas Devesa, con 1h 47′ 32″, seguida de Laura Álvarez e de Raquel Doiro.

No trail de 9 quilómetros o primeiro clasificado foi Adrian Blanco Dieguez cun tempo de 43′ 9″, seguido por Jonatan Liébana e por Adrian Ledo. Na clasificación feminina, a primeira foi Sonia Méndez Pérez, con 51′ 33″, seguida de María Arias e de María Jesús Devesa.

Ademais dos trofeos para os gañadores houbo reparto de medallas conmemorativas para todos os participantes das diferentes probas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...