HomeDeportesA Peña 'culé' de Lemos celebra aniversario por todo o alto

A Peña ‘culé’ de Lemos celebra aniversario por todo o alto

A Peña Val de Lemos celebra o vindeiro día 30 de xullo o seu 15 aniversario na cidade de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte converterase na capital do barcelonismo galego. Na xornada do día 30 a Peña Barcelonista Val de Lemos celebrará o seu quince aniversario, e do mesmo xeito que ocorreu no décimo, farao cun cartel de calidade.

Nos actos, que incluirán un coloquio e unha cea, participarán importantes figuras representativas do barcelonismo. Estarán os que foron futbolistas do F.C. Barcelona, Ricardo Serna, Julio Alberto e o galego Manuel Tomé e tamén o xogadores de hoquei Ignacio Alabart e o adestrador Edu Castro.

Manuel Tomé, futbolista galego que xogou no F.C. Barcelona do 1973 ao 1976 / Cedida

A xornada comezará cunha recepción oficial no Concello -ás sete e media da tarde- e ás oito e media dará comezo no restaurante Don Manuel un coloquio que leva por título “O Barça, pasado, presente e futuro”. Os protagonistas analizarán a situación actual do club e estarán abertos ás preguntas do público. Ás dez da noite será a cea de confraternidade, que estará aberta a todos os afeccionados/as que queiran asistir. O prezo da cea ascende a 22 euros, e as tarxetas poderanse adquirir no propio restaurante ou ben nos seguintes teléfonos que facilita a organización: 686 651 726 e 696 627 991. Tamén as poden mercar dirixíndose aos directivos da peña.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...