HomeDeportesUn deportista de élite para a I BTT Pombeiro Pantón

Un deportista de élite para a I BTT Pombeiro Pantón

A organización vén de anunciar que participará nesta proba Estefan González Expósito, actual representante galego no campionato de España.

Publicado o

- Advertisement -

Os montes de Pombeiro acollerán o vindeiro domingo 11 de agosto unha proba que promete ser espectacular tendo en conta a contorna e o percorrido.

Está organizada pola “Asociación Veciñal da Virxe das Neves” e constará de dous formatos en función da distancia do percorrido, un longo de 45 quilómetros e outro máis curto de 25 quilómetros.

A organización comunicaba esta semana un atractivo máis para o evento, a participación na proba dun deportista de élite nas competicións de BTT, o monfortino Estefan González Exposito, actual representante de Galicia no campionato de España.

Estefan González. Foto: Pirucho Pequeno

Este mércores 7 de agosto é o último día para inscribirse, e todo apunta a que se superarán os 60 participantes sumando as dúas modalidades ou formatos da proba.

A saída da ruta será no Campo do Rigueiro de Pombeiro ás 9:30 h. 

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...