HomeDeportesMedio cento de parellas xogan ao futbolín no Incio

Medio cento de parellas xogan ao futbolín no Incio

O prazo para inscribirse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio mantense aberto ata este sábado, 15 de febreiro, ás 12:00 horas, momento antes do comezo da proba.

Publicado o

- Advertisement -

O I Campionato de Futbolín Concello do Incio celebrarase este día 15, no pavillón da localidade a partir das 12:00 horas. Polo de agora a organización ten confirmada a participación de máis de medio cento de parellas procedentes de diferentes puntos de Galicia, de Asturias e Castela e León.

O torneo de futbolín achegará á localidade a xogadores de gran nivel. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. Tamén haberá categoría de elite. As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos.

As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio. A inscrición para o campionato segue está aberta ata antes da proba, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...