HomePolíticaA pista de padel do Saviñao leva un mes fóra de servizo

A pista de padel do Saviñao leva un mes fóra de servizo

A denuncia sobre o actual estado da instalación deportiva é unha iniciativa do partido político BNG

Publicado o

- Advertisement -

O partido do BNG Saviñao reclamou no pleno celebrado o 12 de xuño que se arranxaran as instalacións actuais da pista de padel debido a que no concello hai moitos veciños que practican este deporte e actualmente estanse vendo obrigados a desprazarse a outros municipios para xogar.

Dende o BNG Saviñao explican que as intensas choivas do pasado mes de maio despegaron o pavimento da pista de padel o que motivou que quedara inutilizada. Pasado un mes da inundación, o actual goberno municipal aínda non levou a cabo as accións necesarias para proceder ó seu arranxo. Por outra banda, entre as actividades estivais que ofrece o Concello están incluídas clases de padel pero dende o BNG aínda non saben como se van a celebrar tendo en conta o estado actual da instalación deportiva.

ÚLTIMAS

63 ideas no XII Concurso de Proxectos Empresariais de Semente

A XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa pechou o...

Convenio de 156.000€ entre a Deputación e o Concello de Ribas de Sil para a mellora de infraestruturas municipais

Entre as actuacións previstas no convenio inclúese o acondicionamento da estrada de acceso a...

Monforte suspende o concerto de Beret tras a súa detención por unha presunta agresión sexual

O Concello de Monforte de Lemos comunicou este venres a suspensión do concerto de...

Araceli López Gallego, do IES de Quiroga, premiada polo seu expediente de Bacharelato

O Clúster da Pizarra de Galicia volveu premiar a excelencia académica entregando o pasado...