HomeDeportesMorreu Bernardino Lombao, orixinario de Ribas de Sil e exadestrador de Aznar

Morreu Bernardino Lombao, orixinario de Ribas de Sil e exadestrador de Aznar

Faleceu este xoves, 23 de abril, aos 81 anos na localidade madrileña de Boadilla del Monte segundo informou a Real Federación Española de Atletismo (RFEA) nun comunicado.

Publicado o

- Advertisement -

Natural de Ribas de Sil, Bernardino Lombao Sotuela ‘Nardo’ foi un recoñecido atleta de 400 metros valas e probas combinadas a finais do cincuenta e primeiros do sesenta, onde chegou a conseguir sete medallas en campionatos de España absolutos nese período.

Foi adestrador deportivo de, entre outros, o expresidente do Goberno José María Aznar e estivo casado coa plusmarquista española de xavelina en 1966, Pilar Pardo. Deixa a cinco fillos, entre eles Ignacio, que chegou a ser internacional júnior e promesa en salto con pértega entre 1988-91.

Con certa periodicidade deixábase ver polo Concello de Ribas de Sil tendo por costume frecuentar a coñecida casa de turismo rural O Verxel, no lugar de Vilar do Mato.

Máis información no dixital Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...