HomeDeportesAtletas da Gándara convocados pola selección galega para o Campionato de España...

Atletas da Gándara convocados pola selección galega para o Campionato de España de Campo a Través

As atletas da Gándara de Monforte, Carmen Martínez Téllez, María Cedrón e Carlos López convocados coa selección galega para o Campionato de España de Campo a Través.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación galega que participará no Campionato Galego de Campo a Través contará con tres atletas do Club de Atletismo A Gándara de Monforte, Carmen Martínez, María Cedrón e Carlos López. 

Aínda que a situación en Galicia atópase nun parón temporal, coa suspensión de todas as competicións a nivel autonómico logo das últimas restricións sanitarias; no ámbito estatal seguen en pé os Campionatos de España para as distintas categorías e sectores do atletismo, como é o “CIII Campeonato de España de Campo a Traves Individual y Federaciones” que se celebrará en Getafe o próximo 28 de febreiro e contará cunha delegación galega formada por 24 atletas dos que 3 pertencen ao club monfortino.

Rubén de Vicente, presidente do Club de Atletismo A Gándara, “felicito ás atletas, que ven recompensado todo o esforzo que levan facendo nesta tempada tan rara con esta convocatoria para a selección galega, desde o Club da Gándara temos claro que farán un gran papel en Getafe” 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...