HomeDeportes3 medallas para Atletismo A Gándara

3 medallas para Atletismo A Gándara

Carlos López e Maria Cedrón acadan o ouro e Carmen Martínez o bronce nas súas respectivas categorías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo 21 de marzo, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra as atletas da Gándara acadaron o éxito ao traer tres medallas do Campionato Galego de 3000m.

Carlos López, cun tempo de 8:48 acadou o ouro na categoría sub20, María Cedrón acadou o ouro cun tempo de 10:28 na categoría de sub23 e Carmen Martínez acadou o bronce cun tempo de 10:46 na categoría sub20.

“Remata así unha tempada de inverno chea de éxitos para estos atletas da Gándara, despois de ser convocados coa selección galega e participar nos campionatos de España, proclamarse campions galegos é un orgullo para un Club como A Gándara” afirman desde a directiva do Club.

“Para un Club pequeno como o noso, estos atletas son un referente e un exemplo para as nenas e os nenos da nosa Escola de Atletismo, poder adestrar ao seu lado é unha motivación máis,” conclúen.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...