HomeDeportesXornadas de portas abertas para achegarse ao voleibol

Xornadas de portas abertas para achegarse ao voleibol

O C.V. Ribeira Sacra de Monforte convida aos rapaces e rapazas maiores de sete anos a coñecer este deporte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o mes de maio e a primeira quincena de xuño o Club Voleibol Ribeira Sacra organiza unhas xornadas de portas abertas e totalmente de balde para que as cativas e cativos que superen a idade de sete anos poidan iniciarse e probar na práctica deste deporte.

As xornadas será impartidas polas adestradoras Yoraxy Melan, Laida Alvarado e Maite e realizaranse no Pavillón da Pinguela de Monforte. No que respecta aos horarios, serán estes en función das categorías:

Benxamín e alevín; martes e xoves entre as 17:00 eas 18:30 h.

Infantil; martes e xoves entre as 17:00 e as 18:30 h.

Cadete e xuvenil; martes entre as 18:30 e as 19:45 e os xoves entre as 17:00 e as 19:00 h.

Dende o club garanten o cumprimento dos protocolos Covid19 e ofrecen un email e un teléfono de contacto para pedir máis información e inscribirse: info@cvribeirasacra.es  / 626672435

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...