HomeDeportesCampionato de futbolín en Chantada

Campionato de futbolín en Chantada

Será este xoves 13 de maio entre as 17:00 e as 20:00 h no Espazo Xove de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campionato vai dirixido a mozas e mozos entre 14 e 30 anos e a inscrición é de balde podendo formalizala chamando ao teléfono 982 870258.

O xoves 13 de maio, en horario de 17:00 a 20:00 h., xogaranse partidas consecutivas entre dous equipos participantes en cada quenda, e os gañadores da primeira quenda enfrontaranse na seguinte e así sucesivamente, ata ter un gañador. Haberá agasallos para todos e todas os/as participantes.

Esta actividade está organizada polo Espazo Xove de Chantada en colaboración coas alumnas de prácticas do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello de Ourense.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...